Saltar navegación

Xestión

Responsabilidades e funcións do equipo de formación

As funcións do equipo de formación dos PFPP están recollidas no apartado 8 da convocatoria dos PFPP, que resumidas son:

  1. Elaborar a solicitude do PFPP.
  2. Coordinar o desenvolvemento do PFPP, facendo especial fincapé en informar e implicar a todos os participantes sobre todos os aspectos do plan.
  3. Colaborar e manter unha comunicación fluída coa persoa asesora do centro para facilitar todos os aspectos de xestión do plan.
  4. Facer a avaliación e seguimento do plan.
  5. Elaborar a memoria final que inclúe a avaliación dos indicadores e a proposta das horas certificadas nas distintas actividades dos participantes.

Responsabilidades e funcións das persoas coordinadoras de cada itinerario

As persoas coordinadoras de cada itinerario son as responsables da dinamización e coordinación das actividades incluidas no itinerario.

Deben:

  • Dinamizar as actividades de formación.
  • Coordinarse coa persoa asesora e cos relatores para o correcto desenvolvemento das actividades.
  • Xestionar no FPROFE as actividades do itinerario para o que éstá habilitada. As tarefas que debe facer no FPROFE son:
    • So na primeira sesión de formación do seminario/GT debe cubrir a "verificación de espazos"
    • Para cada unha das sesións de formación deberá:
      • Crear no FPROFE a sesión de formación previamente á realización da sesión.
      • Xerar e imprimir a folla de sinaturas de cada sesión.
      • Pasar a folla de sinaturas en cada unha das sesións.
      • Ao rematar a sesión deberá redactar a acta da sesión e cubrir as faltas de asistencia.
      • Gardar as follas de sinaturas ata a finalización do PFPP.
  • As sesións de formación e/ou reunión dos seminairos e grupos de traballo serán dun mínimo de 2 horas e dun máximo de 4 horas a realizar fora do horario lectivo dos participantes.
  • Hai tres tipos de reunións:
    • Sesión de traballo e formación en equipo.
    • Sesións de docencia con relator externo ou interno. Débese clicar na opción de docencia e seleccionar ao relator que a imparte.
    • Sesións de traballo individual. Nestas sesións non se precisan da reunión presencial dos participantes, pero deben rexistrarse no PROFE para poder ser contabilizadas nas horas totais da actividades. So pode haber un 20% das horas totais do seminaior (30% no caso de GT) adicadas a este tipo de sesións. Deben marcarse a casilla de "traballo individual".

No caso de que nun itinerario teña un curso, a persoa coordinadora responsabilizarase de pasar as follas de sinaturas facilitadas pola persoa asesora en cada unha das sesións do curso e remitilas ao finalizar a actividade.

VIDEOTITORIAL

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)