NORMAS DE ESTILO
- Comézase a escribir sempre con maiúsculas.
- Os títulos:
- Soamente levan maiúscula na letra inicial.
- Evitar a utilización dos dous puntos (:) e punto e coma(;). É preferible empregar o punto(.). A coma (,) pode dar problema na conversión a CSV.
- Non poñer punto ao final do título.
- Utilizar minúsculas nas etapas educativas e nas áreas ou materias.
- Por exemplo: educación infantil, bioloxía e xeoloxía, ciencias sociais, lingua galega, etc.
- Despois de dous puntos non escribir en maiúscula.
- Poñer punto final en todas as frases(nos obxectivos e contidos), agás no título das actividades.
- Os contidos deben cubrirse en galego e en castelán.
- Non se deben utilizar puntos suspensivos. Utilícese "etc." cando se enumeren, polo menos, dúas cousas.
- Débense utilizar os nomes completos, evitando o emprego de siglas, acrónimos ou abreviaturas.
- Empregarase a primeira forma do artigo (o, a).
- Utilizarase a cursiva para termos técnicos ou non galegos. Non deben empregarse as comiñas (o seu uso está reservado a citas textuais).
- Evitar títulos con numeración romana de tipo VIII Xornadas.... Substituir por “Xornadas ........... .(punto) Curso 2017-2018”.