Ao rematar o PFPP é necesario entregar a memoria final no CFR de Pontevedra selada e asinada pola xefatura de estudos.
Este é un documento imprescindible para emitir as certificacións aos asistentes e que ten dúas partes:
- Certificación. O proceso para recoller as horas que vai certificar cada participante, require que estean cubertas todas as actas de cada unha das actividades do PFPP. Despois o asesor de cada centro e a comisión de avaliación deben proceder a validar estas certificacións. Todo isto ten que estar rematado antes de imprimir o documento. Organigrama do proceso.
- Memoria final. O equipo de formación debe cubrir en FPROFE unha única memoria final para todo o PFPP. Esta memoria final cóbrese entrando co código do PFPP que é o que ten os números 31 (na posición 4º e 5º) P2131xxx. Para cubrir a memoria final pódose seguir esta guía.
Unha vez que está cuberta a memoria final, e o proceso de avaliación das actividades xa rematou; pódese imprimir o documento, asinalo e entregalo no CFR
TAMEN é necesario entregar en papel a "acta final" de cada Seminario/GT que houbese no PFPP.
Esta "ACTA FINAL" pode xerala cada coordinador/coordinadora nas actividades que coordina, na mesma pestana na que se crean as actas das sesións.
Xerase esta "ACTA FINAL" imprimese e asínase por todos os participantes e a xefatura de estudos.