Os indicadores son un apartado moi importante nos proxectos dos PFPP. Indicannos a través dunha redacción clara cales son os obxecitvos acadados ao final do proceso.
Deben ser redactados da forma máis realista, medible e consensuada para que ao final se poidan avaliar.
Para cada itinerario debe haber como mínimo un indicador de aplicación e un indicador de impacto.
- APLICACIÓN: o que imos facer / elaborar / poñer en práctica
- IMPACTO: os efectos que queremos obter, melloras no centro ou no alumnado