Saltar navegación

Inscrición

Á hora de deseñar e redactar a inscrición do PFPP, terase en conta que liñas de mellora se queren traballar no centro. A continuación cómpre decidir quen van ser as persoas coordinadoras.

O paso seguinte é porse en contacto coa persoa asesora de referencia para planificar a formación necesaria coa fin de acometer as melloras das liñas de traballo elixidas.

Cando se redacta un PFPP hai que ter moi en conta a guía de estilos que podedes consultar nesta guía orientativa.

Lembrade que sempre podedes contar co asesoramento do CFR de Pontevedra.

Para cubrir os datos do PFPP no FPROFE debedes:

  1. Entrar en FPROFE coas vosas credenciais.
  2. No menú, seleccionar a o apartado "Convocatorias".
  3. Se sodes parte do equipo de formación do PFPP, veredes que vos aparece na ventana. Premedes en "Completar".Acceso ao PFPP

NOTA: Os PFPP solicítanse normalmente por unha duración de 4 cursos académicos (pódense solicitar por 2, 3 ou 4 cursos). Cando remata ese período hai que volver a facer a solicitude.

Para solicitalo de novo é necesario entregar a seguinte documentación:

  1. ANEXO I (Solicitude)
  2. ANEXO II (Datos e deseño do PFPP)
  3. ANEXO III (Informe de notificación a clasutro e consello escolar)
  4. Informe de detección de necesidades.

Os tres primeiros obtéñense na pestana "Datos da actividade" premendo no botón "Anexos". O cuarto obtense na pesatana de "Detección de necesidades".

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)