Saltar navegación

Liñas de traballo

As liñas de traballo veñen definidas nas convocatorias anuais dos PFPP.  En FPROFE só temos que seleccionalas. 

  Para os centros que redactan o novo PFPP partindo dos datos do curso anterior:

   Lembrade que as liñas de traballo, os itinerarios e os indicadores están relacionados.

    Se queredes eliminar algunha liña:

  1. Na lapela INDICADORES,  eliminar aqueles asociados aos Itinerarios a suprimir (premendo en Editar e logo en Eliminar).
  2. Na lapela ITINERARIOS, eliminar os Itinerarios asociados á Liña en cuestión.
  3. Na lapela LIÑAS, seleccionar aquelas nas que se integren as actividades que imos desenvolver no curso actual. 


Creado con eXeLearning (Ventana nueva)