Saltar navegación

Facturas

Normas para cumprimentar nas facturas

Os PFPP teñen asinado un orzamento para o material funxible necesario para o plan. O pago da factura/facturas deste material faino o CFR a través de transferencia á empresa suministradora.

As facturas deben vir a nome do CFR e cumprir uns requisitos mínimos que son:

  1. Virán expedidas a nome do CFR
    Nome: Centro de Formación e Recursos de Pontevedra
    Dirección: Rúa Celso Emilio Ferreiro, 4 – 36005 Pontevedra
    CIF: Q 8655600 H
  2. Deberá constar así mesmo:
    O nome e apelidos ou denominación social
    nº de identificación fiscal.
    domicilio do expendedor.
    nº de conta bancaria en formato IBAN. Os titulares das contas bancarias deben ser os mesmos que os emisores.
  3. IVE
  4. Código e título do PFPP: P2131*** - PFPP 2020/2021 ******** *****************
  5. Lugar e data da súa emisión. Cada persoa asesora informará sobre cal é o período para as datas das facturas.
As facturas remitiranse por correo electrónico en formato PDF o antes posible a persoa asesora.
Os orixinais (si é posible, asinados e selados pola empresa) deben ser remitidos posteriormente ou entregados no CFR de Pontevedra.
O pagamento farase directamente por transferencia bancaria no nª de conta indicado na factura a finais de cada período de facturación.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)