Saltar navegación

VIDA

LE ATENTAMENTE ANTES DE PASARES

  María Rosalía Rita de Castro naceu en Santiago de Compostela o 23 de febreiro de 1837. Era filla dunha fidalga, María Teresa de la Cruz Castro y Abadía, e do sacerdote José Martínez Viojo. Parte da súa infancia pasouna coa súa nai en Padrón. Despois foi a vivir a Ortoño, preto de Santiago, indo ós 13 anos para Santiago de Compostela. En 1856 vaise para Madrid cunha familiar. É aí cando comeza a escribir. Alí casa con Manuel Murguía, xornalista e gran galeguista, tendo sete fillos.

        Durante anos alterna a residencia entre Madrid e Galicia, onde xa quedará definitivamente a partires de 1871. Os derradeiros anos da súa vida pásaos en Padrón, na que hoxe é a Casa Museo de Rosalía. Pouco antes da súa morte, enferma de cancro, pasa unha curta tempada na Ría de Arousa (Carril), pois quería ver o mar antes de morrer. Con 48 anos (ano 1885), Rosalía morre en Padrón.

        Na actualidade, os seu restos repousan no Panteón de Galegos Ilustres, en San Domingos de Bonaval (Santiago).