No ano 1979 o Banco de España puxo en circulación un billete cun valor de 500 pesetas (aproximadamente 3 €). Neste billete, de cor azul, vese no anverso a cara de Rosalía de Castro e no reverso a Casa Museo de Rosalía de Castro, en Padrón. Ao lado aparece un anaco dun poema de Follas novas, que di:
Non "follas novas"; ramallo
de toxos e silvas sós:
irta, como as miñas penas;
feras como a miña dor.
