LE ATENTAMENTE ANTES DE PASARES
Rosalía cultivou distintos xéneros literarios: novela, cadro de costumes, conto, reportaxe, poesía... Pero é aquí, na poesía, onde máis destacou, converténdose nunha poetisa universal. Coa publicación de Cantares gallegos en galego, Rosalía foi, con outros autores, unha figura clave do Rexurdimento da lingua galega.
Rosalía escribiu tanto en galego como en castelán. En galego escribiu os libros de poemas Cantares gallegos (1863) e Follas novas (1880).
En castelán e en verso, La flor, A mi madre e En las orillas del Sar.
En prosa escribiu, entre outras, as obras Flavio, El caballero de las botas azules, La hija del mar, El primer loco, Costumbres gallegas, Padrón y las inundaciones e Ruinas.
No centenario da publicación de Cantares Gallegos (1963), a Real Academia Galega consagrou o 17 de maio á celebración do Día das Letras Galegas, que lle foron dedicadas a Rosalía na súa primeira edición. Elixiuse esta data porque era a que figuraba na dedicatoria feita por Rosalía.