Saltar navegación

FOLLAS NOVAS

        Follas novas foi publicado en 1880.

        Rosalía concibiuno como unha continuación de Cantares gallegos. A metade dos poemas son deste estilo, mentres que o resto das composicións presentan un diferente espírito poético motivado polo afastamento da terra, as desgrazas familiares e as doenzas propias. Esta obra afonda nos sentimentos e na saudade.

O libro ten cinco apartados: Vaguedás; Do íntimo; Varia; Da terra; As viúdas dos vivos e dos mortos.

        Foi traducido ao castelán, inglés, búlgaro e xaponés.