Cantares gallegos é un libro de poesía publicado no ano 1863 en Vigo.
Resulta o único libro do que Rosalía viu unha segunda edición en vida. Está adicado á escritora Fernán Caballero (Cecilia Böhl de Faber).
Rosalía pretende desenvolver as cantigas populares galegas. Todos os poemas, agás dous, son mencións de cantares populares.
Pódense diferenciar poemas costumistas (Nosa Señora da Barca), de amor (Quíxente tanto neniña) , cívico-sociais (Adios ríos, adios fontes) ou de temática intimista (Como chove miudiño).
Foi traducido a moitos idiomas, entre eles castelán, portugués, inglés, xaponés ou ruso.