ACTUALIDADE
O alumnado de 5º de Primaria comezou esta semana as súas exposicións para compartir co resto de compañeiros e compañeiras do centro as maquetas da célula que elaboraron nas últimas semanas.
O noso centro tivo o pracer de recibir a visita de Celso Sanmartín, quen nos ofreceu unha marabillosa sesión de contacontos dirixida ao alumnado de terceiro a sexto de Educación Primaria.
Susana Reboreda, catedrática de Historia Antiga e vicerreitora de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo, grande especialista na mitoloxía grega, impartiu unha interesantísima charla para o alumnado de sexto de primaria na que falou do seu valor didáctico e do tesouro cultural que representa.
Un ano máis, o alumnado de 6º de primaria participou no proxecto Inspira STEAM, un proxecto pioneiro para o fomento da vocación ci
Hoxe tivemos a sorte de gozar no noso centro do espectáculo Toupiciencia / En feminino, unha actividade chea de ciencia, humor e participación que conquistou ao alumnado desde o primeiro momento.
Estade atentos aos mandadiños do Entroido. Cada día hai que vir dunha maneira especial!
O venres 30 de xaneiro celebramos no noso centro o Día da Paz, unha xornada moi especial dedicada a reflexionar sobre valores tan importantes como o respecto, a axuda, a solidariedade e a convivencia.
Queremos felicitar o Nadal con este pequeno vídeo realizado con todos os traballos do alumnado que fixeron coa colaboración das familias.

