Primeiros auxilios
As nenas e nenos de sexto, que levan formándose en primeiros auxilios durante varias sesións, encargáronse de transmitir ditos coñecementos ao alumnado de terceiro e cuarto.
A pesar dos nervios, fixeron un gran traballo. Seguro que os asistentes adquiriron uns coñecementos básicos para poder actuar en diferentes situacións, antes de que chegue a emerxencia sanitaria.