Letras Galegas, especial Begoña Caamaño
Podcast creado por todo o alumnado do centro para homenaxear a xornalista e escritora deste ano, Begoña Caamaño, tan relacionada ao mundo da comunicación e a radio.
O alumnado do noso centro xa pode participar en “O misterio das ondas perdidas”, un xogo de pistas no que deberán poñer a proba a súa curiosidade, habilidade para resolver acertellos e capacidade para traballar en equipo. A través dunha serie de probas encadeadas, os participantes terán que atopar e reconstruír os 10 fitos máis importantes da historia do descubrimento da radio, desde os primeiros experimentos eléctricos ata os avances que cambiaron a comunicación moderna.
¿Seredes quen de atopar as ondas perdidas?
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na Internet polo centro educativo
Mapa do sitio - Contacto co centro - Accesibilidade - Aviso Legal