O alumnado do noso centro xa pode participar en “O misterio das ondas perdidas”, un xogo de pistas no que deberán poñer a proba a súa curiosidade, habilidade para resolver acertellos e capacidade para traballar en equipo. A través dunha serie de probas encadeadas, os participantes terán que atopar e reconstruír os 10 fitos máis importantes da historia do descubrimento da radio, desde os primeiros experimentos eléctricos ata os avances que cambiaron a comunicación moderna.
¿Seredes quen de atopar as ondas perdidas?
A aventura xa comezou… e as pistas están agardando por vós.