Rematamos o curso coa celebración do noso Festibaión, unha xornada chea de música, baile e emocións na que participou todo o alumnado do centro. Foi tamén un día moi especial para despedir ao alumnado de 6º de Primaria, que deixa o centro para comezar unha nova etapa na Educación Secundaria. Desexámoslles moita sorte nesta nova aventura. Lembrade que esta sempre será a vosa casa e que aquí estaremos para o que precisedes.
Bo verán a toda a comunidade educativa!