Saltar navegación

Responsabilidades

Desenvolvemento da actividade pedagóxica


Descrición detallada das obrigacións relacionadas cos cargos desempeñados no actual contexto de traballo.

Presentación dos programas das diversas materias impartidas (tipo de materia, carga lectiva, facultade/departamento, número de alumnos, obxectivos, contidos, metodoloxía, actividades de ensino-aprendizaxe e avaliación, materiais obrigatorios e optativos etc.).

Explicación autorreflexiva onde o profesor indique: que, como e cando ensina e avalía; que relevancia posúe a súa materia ou materias; como planifica a súa acción docente etc.

Efectividade docente


Exposición de evidencias relacionadas co apartado anterior, que poden ter que ver con:

    • Resultados obtidos polos alumnos nas actividades de avaliación e análise posterior no que se reflicta a progresión (ou non) do rendemento do alumnado.
    • Diario reflexivo onde se especifiquen as accións levadas a cabo durante o curso e as súas repercusións.
    • Mostra de traballos dos alumnos (co respectivo feedback do profesor).
    • Comentarios de colegas, alumnos ou revisores.

Avaliación da calidade docente


Presentación dunha autorrevisión/autoavaliación relacionada cos procesos de ensino-aprendizaxe desenvolvidos durante a práctica docente.

As evidencias presentadas poderían ser do tipo:

    • Comentarios de colegas (que observaron as sesións ou que revisaron os diferentes materiais producidos polo profesor).
    • Carta do xefe do departamento (comentando as achegas máis destacadas do profesor).
    • Resultados das enquisas realizadas aos alumnos da materia (elaboradas pola propia universidade ou polo profesor interesado) que recompilen as súas opinións acerca de diversos aspectos da materia e do profesor.

Propostas de mellora da práctica docente


A partir da reflexión e da valoración crítica efectuada da súa propia práctica profesional, o docente debe sinalar os seus puntos fortes, débiles e, ao mesmo tempo, as súas oportunidades e as súas ameazas (DAFO).

Débese indicar que formación pretende desenvolver co obxecto de mellorar o seu labor (asistencia a talleres, seminarios, congresos, titorización de proxectos de final de carreira ou DEA etc.).