Saltar navegación

Formato e estrutura

O portafolio ha de ser conciso e debe revelar os aspectos máis efectivos e significativos da práctica docente ao longo do tempo, polo que será importante que estea actualizado constantemente. Posto que inclúe materiais representativos de logros do profesor que van acompañados dunha reflexión valorativa, deberase renovar sistematicamente, á vez que se pode conservar un histórico que reflicta as diferentes etapas de ensino (cronoloxía susceptible de ser referente e evolución susceptible de ser avaliada).

Un posible índice estruturador dos contidos do portafolio docente podería recoller os apartados descritos nas páxinas posteriores deste paquete de contidos.