O eportafolios docente
Filosofía e principios
Filosofía docente e principios de ensino
Relato reflexivo onde o profesor xustifique o seu modus operandi, acompañado dunha breve exposición referida ás súas motivacións persoais para o ensino.
Nesta sección deben outorgarse respostas subxectivas a cuestións tales como: que significado asocia o docente ao concepto de bo profesor?, que rol desempeña no seu quefacer diario?, que concepción se desprende dos termos ensino e aprendizaxe?, que obxectivos formula á hora de impartir as súas clases?, cal é a xustificación asociada á elección de determinados obxectivos, contidos, metodoloxías, criterios de avaliación, actividades propostas etc?..