Velaquí presentamos o resultado dun proxecto realizado polo alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria:
Celebrar o aniversario da nosa escola cun proxecto coma este, que encheu as aulas de música, memoria e cooperación, foi o mellor agasallo.
Agardamos que desfrutedes deste libro tanto coma nós desfrutamos creándoo en comunidade.

E para poñer o ramo, o mércores 17 de xuño acudiu a inaugurar a exposición Abe Rábade, o pianista e compositor. O artista asistiu a unha visita musical, guiada polo alumnado e compartiu recomendacións musicais e anécdotas do seu paso pola nosa escola como alumno.
