Práctica

Vas exportar o teu libro:

1.Abre  curso_lim.lime.

2.Preme no botón Exportar.

3.Escolle un directorio onde gardar o libro. Lembra que che propoñíamos o cartafol libros.

4.Ponlle un nome ao cartafol de recursos.Imos chamarlle arquivos. Este cartafol non existe, Lim vai crealo para gardar dentro os ficheiros multimedia que empregaches no libro e é un cartafol distinto do que tiñamos para gardar os recursos

5.Marca a opción empaquetar.

6.Preme en publicar.

Se accedes ao cartafol libros atoparás estes arquivos:

Para visualizar o libro debes levar o cartafol arquivos, e os ficheiros curso_lim.html, curso_lim.lim e  lim.

O ficheiro curso_lim.zip contén todos os anteriores comprimidos.