Ditado
Unha actividade de ditado combina son, imaxe, texto e interactividade co alumnado.
Para crear unha actividade escolleremos ditado na lista de actividades.
Arrastraremos a imaxe ao cadro azul, o son ao verde e teclearemos ou arrastraremos o texto ao branco. Estas son as cores dos cadros e as correspondencias cos ficheiros que se van manter en todas as actividades.
O aspecto da actividade unha vez exportada sería similar a esta:
Deste tipo de actividades non é preciso que fagas práctica pero lembra que pode ser útil na aula.