Descarga e instalación

A descarga do programa imos facela desde a páxina do autor  www.educalim.com/ .Esta páxina vai ser a nosa referencia durante esta parte do curso porque nela vas atopar titoriais e actividades feitas co programa. Recomendámosche que lle adiques uns minutos a explorala e ver o que che pode ofrecer.

Se estás a traballar nun portátil de aula Abalar xa terás instalado e listo para  traballar o programa Edilim.

Se estás traballando nun equipo onde non estea instalado debes ir a Descargas e escoller o teu sistema operativo.

Versións actuais de EdiLIM.

WINDOWS.
Neste momento pódese atopar EdiLIM en dúas versións:

EdiLIM 3.50 . Non unicode, é unha versión liviana e que consume poucos recursos. Válida para tódolos sistemas operativos da familia Windows.

EdiLIM 4.0. Esta versión está deseñada específicamente para traballar con caracteres UTF-8 (codificación), pero debido a que non tódolos sistemas Windows teñen soporte para unicode, pode que non funcione de xeito completo en windows 95-98 ou XP.

Externamente son iguais, non hai diferenzas en canto á forma de uso.

LINUX.
EdiLIM 4.0. Versión unicode. Preséntase en dous formatos: standalone (sen instalación) e como paquete debian (deb).

Unha vez descargado arquivo debes descomprimilo nun catafol novo que chamaremos edilim.

Para empezares a traballar con Edilim preme na icona