Arquivos soportados

As páxinas do noso libro multimedia, poderán conter variado contido multimedia polo que necesitamos afacernos aos tipos de arquivos que soporta:

  • Sons: So admitirá sons en MP3.
  • Animacións: SWF.
  • Vídeos: Poden ser do tipo FLV ou MP4 (códec H.264).
  • Imaxes: Teñen que ser JPG, PNG ou GIF.

Antes de empezar o proceso de elaboración dun libro multimedia con Edilim , debemos procurar e/ou editar os ficheiros que imos empregar.

Os seguintes programas poden sernos de utilidade:

 

É un editor de son gratuíto que nos vai permitir editar dunha maneira sinxela sons e exportalos en mp3.

Podes descargalo desde www.siteo.org .

programa gratuíto que permite facer capturas de pantalla  e crear vídeos en swf con elas.

 

 

plugin que nos crea un novo botón no explorador que permite gardar todos os elementos flash (.swf) da páxina que estás visualizando.podes descargalo dende: http://www.browsertools.net/Flash-Saving-Plugin/index.html e é gratuíto.

 

 

Para baixar videos de internet de páxinas como youtube, Google Video, Metacafe, MySpace, DailyMotion,... a diferentes formatos, entre eles o .flv. É gratuíto. www.vdownloader.es

 

Un conversor de vídeo moi completo, de balde e en galego é o FormatFactory. Este completo programa gratuito permite a conversión de todo tipo de formatos: video ( MP4, AVI, 3GP, MPG, FLV e MOV); imaxe (JPG, BMP, PNG, TIF e ICO), audio (MP3, OGG, WMA, M4A e WAV) ademais de moitas outras posibilidades.

 

 Para saber máis.