Galería de sons
Unha galería de sons é unha actividade na que podemos asociar unha imaxe, un son e opcionalmente un texto.
Cada vez que o alumnado prema sobre unha imaxe soará o son que lle temos asociado.
Este tipo de actividade pode ser moi significativa desde o punto de vista pedagóxico para o ensino das linguas ou para do traballo con alumnado con NNEE.
Para construír estas actividades teremos que arrastrar e soltar as imaxes nos cadros que lle corresponden que habitualmente van ser azuis.
Os sons van ir xeralmente para os recadros verdes.
Cada imaxe na que prema da galería de sons, pode levar a outra páxina do meu libro, introducindo tralo texto o símbolo | (AltGr+1). Exemplo: