Imaxe e texto

Imos empezar engadindo unha portada á nosa actividade.

Desde a xanela de propiedades prememos sobre Páxinas e escollemos Imaxe e texto.

Arrastramos unha imaxe que teñamos dentro do cartafol de recursos e soltámola sobre o recadro azul.

 

A versión 3.5 de LIM inclúe un editor visual para dar formato aos textos que se abre ao pulsar nun marco de texto.

1. Botóns para poñer o texto en negra, subliñado e cursiva.
2. Facer lista.
3. Axustar o párrafo á esquerda,centro ou dereita.
4. Cor do texto.
5. Fonte e tamaño.
6. Facer efectivos os cambios en EdiLIM.
7. Cancelar sen facer modificacións no texto de EdiLIM.

O funcionamento é automático ao pulsar nun cadro de texto, despois de inserir o texto que precisemos e facer nel as operacións que queiramos, dámoslle á frecha verde frecha_verde para traspasar ese texto á páxina de LIM na que esteamos.
Podemos arrastrar e soltar no mesmo cadro no que colocamos a imaxe un vídeo en formato .flv ou mp4.
A apariencia na páxina é similar a esta.

Premendo no botón de vista previa podemos ver como queda a nosa actividade.

A dinámica de traballo coas imaxes vai ser sempre igual que neste caso: témola gardada no cartafol de recursos e arrastrámola ao recadro que corresponde. Só vai ser posible soltala nos recadros deseñados para ese tipo de ficheiros.