Creación de actividades

Un dos problemas co que nos atopamos cando traballamos con Edilim é ter organizados os recursos, os libros nos que estamos traballando e os libros exportados. Para unha mellor organización recoméndase crear catro cartafoles no ordenador.

edilim: para gardar o executable.

proxectos: neste cartafol gardaremos os libros sobre os que estamos a traballar.

recursos: aquí podemos almacenar os elementos multimedia para utilizar na creación dos libros-LIM. imaxes, sons, textos, vídeos, etc.

libros: podemos utilizalo para exportar os traballos.

Para a versión linux instalada non é necesario (non terá utilidade) crear o cartafol edilim.

Nome dos arquivos.
Para evitar erros nos diferentes sistemas operativos e navegadores, debemos evitar as ñ, tildes e espazos nos nomes de arquivos (e directorios). Tamén debemos escribir en minúsculas (referido ao nome de arquivos).