Xestionar usuarios

É tarefa tamén do administrador asignar distintos roles a cada usuario. Con este procedemento o administrador poderá asignar un rol que  permita crear e xestionar  curso ou simplemente entrar como alumno/a.

Moodle admite os seguintes perfís de usuarios:
Administrador: os administradores poden xestionar a plataforma en todos os seus aspectos.
Creador de cursos: os creadores de cursos poden crear novos cursos e ensinar neles.
Profesor editor: os profesores editores poden facer calquera cousa dentro dun curso (excepto crealo), incluíndo a creación ou modificación de actividades e a clasificación e avaliación dos estudiantes.
Profesor non editor: os profesores non editores poden impartir un curso, pero non poden modificar os materiais creados nin crear novos materiais, so poden empregar os dispoñibles.
Estudiante: os estudiantes teñen menos privilexios dentro dun curso: acceder á información e realizar as actividades propostas.
Invitado: os invitados teñen os mínimos privelexios e non poden introducir texto en ningún lugar.

 

Para asignar un rol a un usuario temos que entrar en Moodle como administrador e ir á xanela de Administración.

Usuarios>Permisos>Asignar papeis globais e acceder a unha nova xanela onde atoparemos todos os papeis que podemos asignar. 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Pulsamos sobre o rol e accedemos á lista de usuarios da plataforma onde seleccionamos ao usuario para o que queremos asignar papel e o pasamos para o recadro da esquerda premendo sobre a frecha.