Que é Moodle?

Moodle é unha aplicación web de distribución libre e gratuíta que permite crear e xestionar cursos e facer comunidades de aprendizaxe en liña.

A primeira versión da ferramenta apareceu no 2002 e desde ese ano foron aparecendo novas versións. Actualmente está traducido a 91 idiomas.

Moodle forma parte do proxecto Webs dinámicas da Consellería de educación polo que todos os centros que participan neste proxecto teñen montada unha aula virtual con esta ferramenta.