Matricular estudantes
Cando un profesor editor acceda á aula virtual verá o listado cos seus cursos.
Premendo sobre o nome do curso despregaranos todo o seu contido e accederemos á xanela de administración dese curso. Premendo en asignar papeis accederemos á xanela onde atoparemos os distintos perfís que pode xestionar un profesor editor. Escollemos Estudante e desde a seguinte xanela, onde vemos o listado dos usuarios da plataforma, seleccionaremos aqueles alumnos e alumnas que queremos matricular no noso curso.
Para validar os cambios prememos sobre o nome abreviado do curso que imos atopar na parte inferior da pantalla.