Crear cursos
Poden un curso o administrador ou os profesores editores que conten con eses permisos.
É aconsellable que nun colexio haxa un único administrador e que os profesores que empreguen a aula virtual sexan autónomos na xestión dos seus cursos tanto na matriculación de alumnado como, loxicamente, na creación e xestión de contidos. Para iso deberán ter o perfil de profesor editor.
Cando un usuario profesor editor accede á aula virtual vai ver a lista de cursos que hai na plataforma nese momento clasificados por categorías. As categorías son apartados onde imos incluír os cursos e son configurables polo administrador.

Premendo sobre unha categoría chegaremos a unha xanela co listado de cursos que hai creados nesa categoría e cun botón de engadir novo curso.
Cubrimos os campos da seguinte xanela para crear o novo curso:
1. Escollemos a categoría onde colocar o curso. Nun prinicipio vai aparecer a caegoría na que accedemos.
2. Nome completo do curso, co que se vai identificar na aula virtual e como o van ver os estudantes.
3. Nome abreviado é obrigatorio poñer un nome abreviado.
4. Escollemos formato: o habitual será escoller semanal ou por temas.
5. Marcamos o número de semanas ou temas do noso curso. Viría sendo o número de apartados no que o imos dividir.
No resto dos campos deixaremos as opcións por defecto.