Engadir usuarios á plataforma
O proceso de engadir usuarios a Moodle correspóndelle ao administrador da aula virtual e é o paso previo para que despois cada profesor poida matricular ao alumnado nos seus propios cursos.
Para engadir un usuario á plataforma temos que acceder como administradores e desde a xanela de adminstración na parte esquerda prememos en Usuarios>Contas>Engadir novo usuario.
A continuación cubrimos os campos cos datos do novo usuario. Debemos marcar a casiña Forzar mudanza de contrasinal para que os usuarios teñan a obriga de poñer un contrasinal novo para o seu perfil unha vez que entren por primeira vez.