Crear contidos
Moodle permítenos incorporar distintos tipos de contidos ao noso curso así como xestionalos estruturándoos como mellor nos pareza.
Imos empezar polo máis sinxelo que é facer unha introducción dun módulo ou tema e engadirlle unha ligazón a unha páxina web.
Para poder editar os contidos do noso curso debemos premer sobre
o botón Activar edición encima do bloque da dereita.
Neste intre, en cada tema ou módulo imos ver os botóns de edición:
Premendo sobre o botón de edición do resumo de tema poderemos crear un texto para explicar calquera aspecto ou contido do tema.
Se despregamos o cadro de diálogo Engadir recurso teremos varias opcións para continuar a carga de contidos. Imos escoller Ligazón a un ficheiro ou sitio web.
Podemos incluír no noso curso unha actividade interactiva, un foro, un chat ou unha tarefa se abrimos o cadro de diálogo
Engadir unha actividade.