
Nesta sección tratamos as distintas posibilidades de dar de alta usuarios na aula virtual. Os administradores de
Moodle nun centro educativo son os encargados de realizar as altas de usuarios na plataforma; o papel /
rol
habitual do profesorado é o de "editor de cursos" con permisos polo
tanto para crear un curso e estruturar nel os distintos materiais e
recursos educativos da súa materia, así como "matricular" alumnos no mesmo (en terminoloxía de
Moodle "asignar papel - estudante"). Pero previamente os alumnos deben de estar rexistrados no sistema.