
Focus (CC0)
O papel da tecnoloxía nos deseños DUA é importante, pero o mero feito de usar as tecnoloxías non presupón que apliquemos o deseño DUA se non antepoñemos os principios e pautas explicados anteriormente.
Por este motivo ampliamos o apartado, ofrecéndovos os mellores espazos de recursos e ferramentas tecnolóxicas. Animádevos a investigar cada unha delas, con tempo, e paciencia, de seguro que atopades información de interese para a práctica docente.
DUAlizaTIC: as TIC ao servizo do DUA, web da Consellería de Educación e Emprego da Junta de Extremadura.
Checklist para dualizar recursos educativos dixitais, deseñada por Mª Milagros Rubio Puído..
A Roda DUA: unha excelente e completísima recompilación de recursos tecnolóxicos clasificados seguindo os principios e pautas DUA, realizada por Antonio Márquez Ordóñez.
Portal TICA: tecnoloxías da información e a comunicación accesibles.
Ferramentas DUA do CAST: permiten deseñar contornas de aprendizaxe flexibles para diferentes niveis educativos, como é por exemplo a ferramenta de deseño de libros dixitais accesibles mediante Bookbuilder.
Aula Aberta Arasaac: portal con materiais, titoriais e exemplos de uso da comunicación aumentativa e/ou alternativa, apoiada con pictogramas.
Pictoeduca: un proxecto de Pictoaplicaciones e Fundación Barrié, que se presenta como portal onde se reúnen materiais didácticos en diferentes formatos, e que ofrece ferramentas para crear leccións utilizando vídeos, imaxes, textos... coa posibilidade de traducilos a pictogramas se é necesario.
Ferramentas TIC para a lectura fácil: sección do artigo “Lectura fácil: un modelo de deseño para todos” publicado en novembro de 2017 neste portal.
Son Visual: servizo web e en formato de app para favorecer a aprendizaxe a través das imaxes, incluíndo fotografías reais, láminas e outros materiais gráficos.
Códigos SPQR: sistema gratuíto de códigos QR para facilitar o acceso á información en diferentes formatos (fotos, pictogramas, vídeos…)
ProfesorPDI: software da Consellería de Educación e Emprego de Estremadura que permite xestionar a PDI de forma inalámbrica, mellorando a accesibilidade e participación activa do alumnado.
Ceapat: o centro de referencia estatal de autonomía persoal e axudas técnicas ofrece un catálogo online de produtos de apoio, baseados en axudas técnicas.
TecnoAccesible: outra recompilación ou catálogo con produtos de apoio baseados nas tecnoloxías.
Tradutor de Google: servizo gratuíto multilingüe de tradución automática, dispoñible para web e móbiles. Traduce texto, voz, imaxes ou vídeo dun idioma a outro en tempo real.
Conversores de texto a voz: Lectores de pantalla e Ferramentas gratuítas para converter texto en voz.
Máis de 200 recursos e ferramentas para integrar as TIC na aula, por Raúl Santiago.
Inclusión dixital para alumnado con NEAE: unha web deseñada por Milagros Rubio Puído para recompilar algúns dos portais e ferramentas online máis interesantes para a atención á diversidade do alumnado. Inclúe unha sección de accesibilidade en navegadores e documentación sobre accesibilidade ao computador e en contidos dixitais.
Proyecto TANDEM: aplicando la accesibilidad cognitiva en un centro ordinario