Saltar navegación

Escola Inclusiva e saudable

Geralt. Burbulla bolboreta (CC0)

De onde partir para formarnos nun mundo máis accesible e inclusivo?. A pregunda non é doada, e posiblemente non teñamos unha resposta pero podemos comezar desgranando diferentes termos:

Accesibilidade ou Accesibilidade Universal é o grao de pendente o que permite que calquera obxecto sexa utilizado por todo o público, visitar un lugar ou acceder a un servizo, independentemente das súas capacidades técnicas, cognitivas ou físicas. Esta estratexia é da que debemos partir para adaptar as nosas programacións, os proxectos de centro, as actuacións que un centro educativo debe planificar a curto prazo.

A Educación Inclusiva entende a diversidade do alumnado como unha fonte de aprendizaxe e enriquecemento mutuo que busca desenvolver as capacidades de cada persoa para levar a cabo un proxecto vital satisfactorio no ámbito persoal e social. Incrementar a inclusión e cohesión asegura un ambiente escolar seguro, cálido e construtivo. A inclusión é un proxecto escolar, social, comunitario e mundial. (Definición recollida do Protocolo de Risco Suicida, páx.5). Falar de educación inclusiva é conxugar aspectos cognitivos, emocionais e éticos.

A Atención á Diversidade é conxunto de medidas e accións que teñen coma finalidade de adecuar a resposta educativa ás diferentes características e necesidades, ritmos e estilos de aprendizaxe, motivacións, intereses e situacións sociais e culturais de todo o alumnado. (D.229/2011, do 7 de decembro polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que impártense as ensinanzas establecidas na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, artigo 3). 

Unha vez visto isto, teremos que plantexarnos que melloras poderemos aportar e implementar na nosa labor docente, independentemento da etapa, nivel, ou diversidade da aula, polo tanto quedaríanos por clarexar un aspecto, a accesibilidade cognitiva. A que nos referimos?

A Accesibilidade Cognitiva é  aquelo que nos permite comprender a información proporcionada pola contorna, que facilita as actividades que nel desenvólvense, sen discriminación por razóns de idade, de idioma, de estado emocional ou de capacidades cognitivas.  Así pois, son eses requirimentos que debe dispoñer a contorna para que calquera persoa  poida comprendelo de maneira eficaz. Por iso, é algo que está deseñado para ser de lectura fácil ou que sexa fácil de entender. Xunto coa accesibilidade física e a accesibilidade sensorial, forma parte indisoluble da accesibilidade universal. Esta característica pode ser adoptada por calquera produto, servizo, lugar, obxecto ou instrumento que poida ser comprensible.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)