Que sabemos?
O DUA ,-Deseño Universal para a Aprendizaxe-, do inglés ( UDL ), aplicado a nosa programación é un enfoque (non é unha metodoloxía, baséase nuns principios) no que prima a flexibilización do currículo dende que se xesta, para que sexa aberto e accesible dende o inicio. Un currículo onde se reduzan ao máximo as barreiras para a aprendizaxe que existen nos contextos educativos; un currículo que non necesite ser adaptado a posteriori.
Dende que un centro realiza a súa concreción curricular, en función do contexto, das características do centro e do alumnado que escolariza, debe asegurar que todo o alumnado poda seguilo, facilitando diferentes formas de representación, expresión, acción e motivación; principios importantes para crear motivación e eliminar barreiras de aprendizaxe.
Podedesvos preguntar o por que? A resposta é sinxela, dado que non hai unha única maneira de aprender, non debería haber unha única forma de ensinar.
De aí partimos! ...de aprender a mirar, ...de abrir portas, e de liderazgo pedagóxico.
En que consiste un DUA? . A Fundación por Igual Más, exemplifícao da seguinte maneira:
Todas as claves aparecen narradas nestes 4 minutos, onde a través dunha lenda e unha metáfora "currículum talla única" vanse desgranando estratexias que facilitan a personalización do currículum, tales coma a práctica de axustes razoables e opcións personalizadas, accesibilidade universal, mellores contornas de aprendizaxe.
Neste multimedia participan Coral Elizondo, María Dolores Castro Pérez, e Antonio Márquez.
A nosa lexislación educativa, cando fala de accesibilidade universal, está a facer referencia aos principios DUA.
O Ministerio de Educación inclúe o DUA no seu material formativo: “Educación inclusiva: iguais na diversidade”, e dende o curso 2016/2017 lanzou o Plan de Neurociencia aplicada á Educación, que ten en conta os estudos da neuropsicología na contorna educativa para mellorar as condicións en que todo o alumnado poda acadar o seu máximo desenvolvemento.
Como docentes de renome, por ser incansables activistas da inclusión educativa considerando o modelo DUA, podemos citar a: Coral Elizondo, Antonio Márquez, María Eugenia Pérez, José Blas García, J.A. Espinosa... e moitos outros, invisibles nas redes, aos que convidamos a que mostren as súas prácticas de deseño universal. Velaquí, un exemplo de práctica DUA a nivel de aula grazas ao profesor José Luis Redondo (Úbeda) e un artigo sobre "Aulas DUA" de Coral Elizondo.