Saltar navegación

Tecnoloxía. Uso pedagóxico

TAC.Tecnoloxía Aprendizaxe e Coñecemento

 Geralt. Redes (CC0)

Falar dun uso pedagóxico da tecnoloxía e cando se fusiona a aprendizaxe formando parte desta, sendo invisible. Cando falamos de usos pedagóxicos, non pensamos que un lápiz poda selo, é máis ben un instrumento, así como un manual un recurso

Concretemos, en que consiste?

  • En fomentar a cultura do pensamento, que por medio de rutinas, destrezas, organizadores visuais, estratexias para desenvolver os hábitos da mente… permite que o alumnado, todo o alumnado, sexa capaz de tomar decisións e argumentar con eficacia.
  • Na planificación de sesións a través do pensamento de deseño ou design thinking, en educación Design for Change, que consiste en analizar problemas e resolvelos de forma colectiva, fomentando o pensamento crítico e creativo e sobre todo empoderando ao alumnado.
  • En iniciarse no pensamento computacional, que implica desenvolver o razoamento científico no alumnado, traballando a lóxica desde idades moi temperás.
  • En presentar os contidos a través do pensamento visual ou visual thinking, unha ferramenta que consiste en converter as ideas en imaxes, sintetizándoas e concretándoas.
  • Na creación de materiais a través da  realidade aumentada,  que está a proporcionar numerosas aplicacións en educación para o manexo do alumnado como do uso docente.
  • Na planificación de uso pedagóxico dos espazos, que cambia a idea de espazo-aula-lugar de aprendizaxe, abríndoa a outras contornas.

Exemplos de todo isto, poden ser a creación de un audiolibro a través de códigos qr, poscast na túa aula virtual de material recomendado polo alumnado, xeolocalizacións literarias na contorna, creación de paisaxes sonoras...

Lembremos  que todo o alumnado debe estar presente na aula, participando e obtendo logros,  personalizar a aprendizaxe é posible!!!.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)