Saltar navegación

Exemplificación actividade DUA

O teatro.

Atréveste a planificar unha sesión?

Imos por partes:

En 1º lugar estableceremos unha meta ou obxectivo, pensando en todo o alumnado. Intenta situarte nun lugar onde non comprendas o que tes que facer, desprazarte, empregar unha máquina, dificultades para comunicarte, nun contexto incomprendible etc... 

 Ao planificar as clases DUA comezamos sempre polo obxectivo, asegurándonos que sexa claro e rigoroso. Hai que salientar en que “todo o alumnado pode chegar ao mesmo obxectivo". Estas metas deben ser flexibles e deben incluír as formas en que se deben lograr (combinación da tecnoloxía co ámbito sensorial). 

Avaliación: reflexionar sobre como imos saber se o alumnado aprendeu ou non.Aquí entra en xogo a Educación baseada en Evidencias.
 Unha vez formulado o obxectivo, hai que pensar como saber se a /o estudante logrou o obxectivo, que é o que teñen que ser capaces de facer para mostrar que aprenderon o que un quere que aprendan.

Definir os métodos e materiais, que poden ser diversos. Revisamos as pautas do DUA para asegurarnos que estamos a dar distintas opcións de métodos e materiais de apoio para superar calquera barreira da aprendizaxe que anticipásemos: 

Para implementalos na aula teremos en conta a avaliación, observando a avaliación que fixemos ao final. A continuación deseñamos un novo obxectivo, para unha nova clase, baseándonos no que aprendeu o alumnado, e o que lles falta por aprender.

Fai a túa aula accesible

Neste documento poderás atopar instrumentos para a reflexión, indicadores de partida e obxectivos para poñer en práctica estes principios. 

Preme na lapela de "Aula Accesible", para poder visualizar algún do material aquí exposto

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)