Saltar navegación

A linguaxe inclusiva

O poder da linguaxe

Coas palabras non só designamos obxectos ou conceptos, senón que tamén damos forma ao pensamento que á súa vez, condiciona as nosas actitudes e comportamentos. Para poder xestionalos é preciso comezar por cambiar a forma en que falamos, e a terminoloxía que empregamos. 

Reflexionemos!

Seguro que coñecedes este video "El poder de las palabras", no que unha publicista cambia a mensaxe desta persoa con diversidade funcional que solicita axuda económica. 

  • Credes que a linguaxe é importante?
  • Limita ou motiva?

Un exemplo pode ser o fenómeno Mr.Wonderful, unha marca que triunfa por unha linguaxe positivista, gráfica, escueta, que desprende felicidade e "bo rollo". 

En canto á Discapacidade.

Hai que considerar, ver, e entender a dis-capacidade como parte inherente da condición humana, xa que estímase que un 10% da poboación mundial ten algún tipo de discapacidade, son unha minoría ampla  e  heteroxénea, que  dáse en todos os continentes, en todas as culturas e grupos étnicos, en ambos os xéneros e a calquera idade, en todas as comunidades e partidos políticos e grupos ideolóxicos, en calquera clase social ou colectivo profesional...

A utilización de certa terminoloxía, as veces pouco apropiada, pode perpetuar estereotipos negativos e reforzar barreiras de comportamento moi importantes. E son estas barreiras as que supoñen o principal obstáculo na vida das persoas con diversidade funcional, proxectando expectativas sobre a súa capacitación.

 As expresións e as palabras coas que facemos referencia as súas circunstancias, e a súa forma de funcionar son importantes, estigmatizan e visibilizan a súa condición humana, debemos cambiar a expresións que describe esta circunstancian non són as súas condicións, teñen esa condición , -non   "é discapacitada" senón que "ten unha discapacidade", como por exemplo: -unha persoa non "é un Down" senón que "ten a Síndrome de Down".

O termo Diversidade Funcional axústase a unha realidade na que unha persoa funciona de maneira diferente ou diversa da maioría da sociedade. Foi proposto polo  Foro de vida independente  e Diversidade que o define como “a diferenza de funcionamento dunha persoa ao realizar as tarefas habituais (desprazarse, ler, agarrar, ir ao baño, comunicarse, relacionarse, etc) de maneira diferente á maioría da poboación”. ( F.V.I. 2005)

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)