Formación dirixida ao profesorado de Educación Primaria e Secundaria para coñecer e aplicar os procedementos de solicitude e xestión de proxectos Erasmus+. Abórdase a Acreditación Erasmus+, desde o deseño do proxecto ata a presentación da solicitude, e os proxectos de curta duración, analizando as súas características e diferenzas principais. Inclúense exemplos de boas prácticas nas accións KA1 e KA2, centradas na mobilidade e cooperación entre centros. Presentaranse tamén experiencias reais de centros educativos que xa participan en Erasmus+, destacando o seu impacto no profesorado e no alumnado. A formación combina contido teórico e práctico, favorecendo o intercambio de experiencias e a creación de redes docentes para impulsar a dimensión europea da educación.