Xornada de formación dun día (29 de marzo de 2025) que ten por obxectivos:

1. Crear un espazo de intercambio e construír unha comunidade de centros a prol da innovación.

2. Deseñar unha folla de ruta para a transformación do centro.

3. Promover a creación dos equipos de innovación.

Obxectivos e contidos da actividade

Obxectivos

1.Comprender o potencial e as limitacións da educación informada pola investigación.

2.Desenvolver competencias para a busca sistemática, xestión e interpretación de documentación científica.

3.Identificar necesidades de mellora na propia aula ou institución e formular un problema de investigación educativa.

Contidos

1. Revisión dos conceptos básicos ligados á investigación educativa.

2. Estratexias para a busca de documentos orixinais con criterios de credibilidade científica en fontes de documentación e bases de datos científicas.

3. Estratexias para a selección de documentos originais de credibilidade científica adecuados a un problema de investigación concreto.

4. Análise e debate de casos de investigación educativa para a mellora da práctica docente.

5. Exemplos prácticos de investigacións realizadas profesorado de varios niveis educativos.