Que é un plóter de Corte?

Un plóter de Corte é unha máquina de aspecto similar a unha impresora, pero que cumpre unha función diferente: permite cortar deseños en vez de imprimilos.
É unha ferramenta fundamental para traballar con todo tipo de vinilos e lograr deseños que manualmente sería moi difícil cortar de maneira precisa.
O plóter de corte eleva a calidade dos produtos que se realizan con vinilo ou outros produtos que requiren detalle.

Para que serve un plóter de Corte?

Un plóter de corte é unha máquina especializada que corta materiais con precisión e rapidez.
Utilízase principalmente en deseño gráfico, principalmente produtos adhesivos, pero cada vez máis, personalización de produtos, estampación de téxtiles e merchandising. 

Que podes cortar cun plóter de corte?

  • Vinilo vinilo adhesivo
  • Vinilo téxtil
  • Goma eva
  • Papel transfer, eliminando fondos de deseños antes de estampar
  • Cartolinas e papeis para packaging e decoración 

Iniciación a Inkscape

Inkscape é unha aplicación de deseño gráfico vectorial libre e de código aberto, que permite crear ilustracións, diagramas, logotipos e materiais gráficos de alta calidade adaptables a calquera formato. O traballo con vectores posibilita unha edición precisa, escalable e profesional, resultando especialmente útil no ámbito educativo para a creación de materiais propios e personalizados.

Este curso de iniciación está orientado ao profesorado de distintos niveis educativos que desexe incorporar o deseño vectorial ás súas prácticas docentes, tanto na elaboración de recursos visuais como na preparación de arquivos para equipos de fabricación dixital dispoñibles nos centros (plotter de corte, corte láser, impresoras de pequeno formato, etc.).

O enfoque da actividade será fundamentalmente práctico, combinando explicacións guiadas coa realización de exercicios que permitan comprender o funcionamento da ferramenta e os principios do deseño vectorial. A metodoloxía fomenta unha aprendizaxe activa e autónoma, favorecendo que cada participante poida adaptar os coñecementos adquiridos ao seu contexto e necesidades educativas.

Ao remate do curso, o profesorado terá adquirido unha base para continuar explorando as posibilidades de Inkscape como ferramenta creativa e didáctica, abrindo novas vías para integrar o deseño e a fabricación dixital na aula.