Ampliación e mellora
Unha vez que coñeces este recurso, podes dar un pasiño máis, e propoñemos que o profesorado cree e documente unha actividade orixinal adaptada ao seu alumnado, usando o proxector de chan.
- Debes de indicar cal é o obxectivo da actividade proposta e o tempo para levala a cabo.
- Idade e características do alumnado obxectivo.
- Materiais que se deben empregar.
- Pasos a efectuar.
- Resultados observados e posibles problemas que se poden atopar.
- Documentación fotográfica do proceso (preparación e durante a actividade)
- Lembra que o material empregado sexa licenciado con licenza Creative Commons.
- E, por último, difusión desa boa práctica o resto da comunidade educativa a través da Web do centro, aula virtual, ...