Lembras aqueles proxectores de onda curta?
Lembras aqueles proxectores EPSON de onda curta que empregabamos nas aulas para proxectar sobre o taboleiro? Moitos deles foron retirados coa chegada das pantallas interactivas, mais aínda poden ofrecernos novas posibilidades creativas.
Imos darlles unha segunda vida transformándoos en proxectores de chan. Cun sinxelo soporte con rodas e unha orientación cara ao chan, podemos crear unha superficie proxectada dunhas 75 polgadas, ideal para experimentar con entornos interactivos e proxectos de Scratch.
Desta forma, o que antes era un recurso de aula tradicional convértese nun innovador proxector táctil simulado, perfecto para actividades de programación creativa, xogo simbólico ou experimentación STEM.
Unha oportunidade para reutilizar, innovar e aprender, aproveitando o coñecemento e o material que xa temos á nosa disposición.
Proxectores
Modelo recuperado das aulas galegas e adaptado para un novo uso potenciando o pensamento computacional.