Proxección sobre superficies
O uso do proxector no chan permite unha estimulación visual a través de imaxes, cores, formas e movementos proxectados. Desta maneira, estímulanse a percepción visual, a memoria visual, a orientación no espazo, ...
Usámolos para transformar contidos estáticos (diapositivas, fichas, imaxes) en experiencias máis inmersivas, onde o alumnado observa, manipula e comenta en grupo o que ve.
En modo “proxector de chan”, deseñamos actividades nas que o alumnado pisa, se move ou sinala elementos da proxección, favorecendo aprendizaxes ligadas á motricidade, á percepción espacial e á colaboración.
Podemos integrar programación con Scratch: o alumnado crea proxectos e logo “xoga” con eles no chan, simulando un contorno táctil no que se activa, explora ou percorre o que previamente programou.
Visualización da información
A visualización dos contidos pode realizarse de dúas maneiras que permiten reproducir información de forma sinxela e adaptarse ás necesidades de cada sesión:
- Directamente desde un Pen-Drive introducido no proxector.
- Conexión dun ordenador a través de cable HDMI ou VGA.
Para o uso do Pen-Drive, é importante comprobar previamente que a súa capacidade non supere os 32 GB, xa que este é o límite recomendado para garantir un correcto funcionamento do dispositivo.