Atopar solucións creativas
- Traballamos con proxectores de Onda Curta/Ultra Short Throw, capaces de xerar imaxes moi grandes a pouca distancia, reducindo sombras e reflexos incómodos para o alumnado.
- Este tipo de proxectores pode orientarse non só á parede ou á pantalla, senón tamén ao chan ou a unha mesa, creando superficies de interacción en distintos planos (vertical e horizontal).
- Ao proxectar no chan arredor de 75 polgadas, obtemos un espazo amplo para actividades cooperativas, xogos e dinámicas de aula baseadas no corpo e no movemento.
Por que paga a pena reutilizar a tecnoloxía?
Reutilizar proxectores retirados das aulas permítenos innovar sen un gran investimento económico, aproveitando equipos que aínda teñen boa calidade de imaxe.
O uso de proxectores como superficies físicas do Polo creativo (en paredes, no chan, en mesas, ...) favorece aprendizaxes máis activas, baseadas na experimentación, no xogo e na gamificación.
Ao introducir estes dispositivos en proxectos STEM, o profesorado pode conectar programación, robótica, arte e expresión corporal nun mesmo espazo de traballo.
Ademais, a súa utilización pode reforzar a inclusión educativa, especialmente cando se integran propostas como Scratch Tactile, que ofrecen novas vías de acceso á programación e á interacción para todo o alumnado.