Enviado por oscarperez el Vie, 07/02/2025 - 10:34

PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2025/2026

Lémbrase que a admisión e a matriculación nun centro docente público implican respectar o proxecto educativo do mesmo.

Se queres consultar a normativa sobre o proceso de admisión preme AQUÍ 

Se queres consultar o manual para as familias preme AQUÍ 

Se queres acceder á aplicación informática do proceso de admisión preme AQUÍ 

Se quere consultar a zona de influencia do centro prema AQUÍ (A zona de influencia de bacharelato aínda non está actualizada pola Consellería).

Se quere coñecer os datos do centro, oferta educativa e demais servicios prema AQUÍ

RESERVA DE PRAZA. Desde o 15 de xaneiro ata o 4 de febreiro. 

Por parte do alumnado dos centros adscritos.

Centros adscritos na ESO: CEIP Parada (Campañó) / CEIP A Xunqueira nº1 / CEIP Pedro Antonio Cerviño (Campolameiro) / CEIP Plurilingüe San Benito de Lérez 

Centros adscritos no Bacharelato: IES de Barro

Este trámite debe facerse no centro de orixe, é dicir, no centro no que actualmente está matriculado o alumno/a, ou a través da aplicación admisionalumnado.

Feita a reserva de praza, para renunciar á mesma a data límite é o 28 de febreiro de 2025 (incluído).

CRITERIO COMPLEMENTARIO DO CENTRO. 

Informamos que o criterio complementario aprobado polo Consello Escolar do centro IES A Xunqueira I  con data 26/06/2020 é  "pertencer ao coro escolar de voces brancas da Xunqueira".

ANUNCIO SORTEO PÚBLICO DO NÚMERO PARA RESOLVER OS EMPATES

Ver resultado sorteo AQUÍ. (NON DISPOÑIBLE)

ASIGNACIÓN PRAZAS RESERVADAS ALUMNADO CENTROS ADSCRITOS

O 22 de febreiro publicarase no taboleiro de anuncios do noso centro.

VACANTES

Antes do 1 de marzo publicación dos postos vacantes no centro. Premer AQUÍ. (NON DISPOÑIBLE)

 SOLICITUDE DE ADMISIÓN

Desde o 1 ao 20 de marzo, ambos inclusive. 

Por parte de alumnado que non pertence a un centro adscrito, que pertencendo a centro adscrito non reservara praza ou que se reincorpore ao sistema educativo. 

A solicitude será única. De ter presentadas máis de unha perderá os dereitos de prioridade que lle poidan corresponder, a non ser que renuncie á anterior indicándoo expresamente na nova solicitude. Poderanse pedir ata 6 centros por orden de preferencia e alegar os criterios de admisión que pretenda que se lle valoren. 

Presentarase:

BAREMACIÓN

Finalizado o prazo de entrega de solicitudes, e sempre que a demanda de prazas sexa superior á oferta de vacantes, será necesario baremar.

As familias poderán presentar, dentro dos 10 días hábiles seguintes ao fin de presentación de solicitudes (do 21 marzo ao 3 abril, ambos incluídos), a documentación acreditativa dos criterios de admisión alegados na súa solicitude. De non facelo entenderase que renuncia á valoración correspondente.

LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMISIÓN

Publicaranse o 25 de abril.

Aféctalle ao alumnado que presenta solicitude de admisión. 

Non se facilitará información telefonicamente sobre as listas, por mor da protección de datos. Para acceder á mesma deberá achegarse ao taboleiro da secretaría do centro ou ben a través da sede electrónica coa súa conta.

Poderase formular reclamación no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación, ante o consello escolar do centro. Estas reclamacións entenderanse estimadas ou desestimadas coa publicación da listaxe definitiva.

 LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMISIÓN

Publicaranse o 15 de maio.

Aféctalle ao alumnado que presenta solicitude de admisión.

Non se facilitará información telefonicamente sobre as listas, por mor da protección de datos. Para acceder á mesma deberá achegarse ao taboleiro da secretaría do centro ou ben a través da sede electrónica coa súa conta.

Poderase interpor recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo de un mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación (do 16 maio ao 15 xuño).

MATRÍCULA

Entre o 23 de xuño e o 7 de xullo. Para todo o alumnado, sexa novo ou non, que queira cursar estudos no centro.