A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA
Segundo a Resolución do 10 de setembro de 2024 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional (DOG 18.9.2024) pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos Consellos Escolares de Centros docentes sostidos con fondos públicos, procederase no mes de novembro á renovación parcial (Decreto 7/1999 do 7 de xaneiro).
Segundo o Artigo 2º da citada Resolución a elección dos representantes dos distintos sectores da comunidade educativa no Consello Escolar celebrarase entre o 18 e 22 de novembro, ambos os dous incluídos, e por un período de catro anos.
A Xunta Electoral regulada no artigo 30 do Decreto 92/1988 do 28 de abril e segundo a nova redacción dada polo Decreto 324/1996 do 26 de xullo constituirase, segundo a Resolución do 20 de setembro, entre os días 22 e 28 de outubro de 2024.
Segundo o referido artigo 30 do Decreto 92/1988 do 28 de abril e a nova redacción do Decreto 324/1996 do 26 de xullo, procederase á elección dos membros da Xunta Electoral por sorteo público.
Unha vez constituída a Xunta Electoral segundo o artigo 31 do Decreto 92/1998 do 28 de abril e a nova redacción do Decreto 324/1996 do 26 de xullo, procederá a aprobar e publicar os Censos Electorais, concretará o calendario electoral, ordenará o proceso, admitirá e proclamará as candidaturas, promoverá a constitución das distintas mesas electorais, resolverá as reclamacións e proclamará aos candidatos.
O Consello Escolar do Centro é o órgano a través do cal se articula a participación na xestión do mesmo dos distintos membros da comunidade escolar. Animámolos a que presenten as súas candidaturas e participen na vida da Escola.
Poden consultar toda a información na seguinte ligazón: